InicioSociedadeMédicos de Atención Primaria de Vigo culminan dúas xornadas de folga pedindo...

Médicos de Atención Primaria de Vigo culminan dúas xornadas de folga pedindo a dimisión do xerente

O comité de folga pide negociar directamente co conselleiro porque "é inviable" facelo coa Xerencia da EOXI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Varios centos de persoas concentráronse este mércores en Vigo en apoio aos médicos e pediatras de Atención Primaria desta área sanitaria, que protagonizaron dúas xornadas de folga para reclamar máis medios técnicos e humanos, así como máis tempo para atender aos seus pacientes.

Con esta concentración, que tivo lugar no Farol de Príncipe, os médicos culminaron dúas xornadas de paro que tiveron un seguimento masivo, segundo os convocantes, de máis do 90 por cento (aínda que o Sergas reduce o apoio ao 35 por cento).

No acto deste mércores participaron algúns candidatos á Alcaldía como Abel Caballero (PSOE), Rubén Pérez (Marea de Vigo), Javier Alonso (Ciudadanos) e membros da candidatura do BNG.

Manifestación dos médicos de Atención Primaria da área de Vigo / @Miguel Núñez.

Unha das portavoces do colectivo de médicos sinalou que estas mobilizacións buscan unha atención sanitaria “óptima”, porque desempeñan o seu traballo diario “en condicións que están moi por baixo dos estándares desexables”.

Así, lembraron as súas demandas: dez minutos de tempo mínimo por paciente, garantía de acceso á atención hospitalaria con redución de listas de espera, acceso real á tecnoloxía diagnóstica, recursos tecnolóxicos e a dimisión do xerente da EOXI, Félix Rubial.

CRÍTICAS Á XERENCIA

Os médicos finalizaron a súa concentración cunha petición de desculpas aos cidadáns polos prexuízos destes dous días de folga e con críticas á resposta que a Xerencia da EOXI deu ás súas demandas ata agora: “Negar as evidencias”, “promesas baleiras de compromiso” e “mentiras e ofensas”, ademais de “menosprezo” ao seu traballo.

Por todo iso, insistiron en reclamar a dimisión de Rubial e dirixíronse directamente ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, para reclamar unha “solución”.

De feito, o comité de folga enviou un burofax ao conselleiro no que se ofrecen a dialogar con el directamente para arranxar este conflito, porque a negociación coa actual Xerencia da EOXI viguesa “é inviable”.

Manifestación dos médicos de Atención Primaria da área de Vigo / @Miguel Núñez.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...