InicioEconomíaPaso decisivo para a remodelación do Barrio do Cura

Paso decisivo para a remodelación do Barrio do Cura

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello da Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobará este xoves a modificación puntual do Plan Xeral que permitirá dar luz verde ao proxecto de urbanización e recuperación do Barrio do Cura.

Así o avanzou o alcalde e candidato á reelección, Abel Caballero, quen subliñou que Vigo levaba “25 anos esperando por isto” e que o trámite do xoves dará paso ás notificacións aos titulares catastrais, á elaboración de informes sectoriais e as obras de urbanización.

Nese ámbito, onde xa se iniciaron labores de derrubamento, reservarase un 30 por cento de edificación residencial para vivenda protexida, construirase unha gran praza pública de 5.000 metros cadrados, 4.000 metros cadrados de zonas verdes, equipamento sociocultural e 900 prazas de aparcadoiro para residentes do Casco Lanuxe.

Ademais, a recuperación do Barrio do Cura inclúe tamén a vertebración e comunicación coas rúas adxacentes, como Torrecedeira, Paseo de Alfonso ou Poboadores.

“De recuperar este ámbito falaron outros gobernos, pero é o meu o que o resolve”, proclamou Abel Caballero, quen tamén prometeu habilitar centos de prazas para os residentes nos aparcadoiros da contorna do centro histórico vigués, e crear novas prazas en Bouzas (cun aparcadoiro subterráneo na zona da Pérgola), Teis ou Florida.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...