InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero presume de finanzas e cuestiona a credibilidade do PP sobre...

Abel Caballero presume de finanzas e cuestiona a credibilidade do PP sobre baixada de impostos

Pide ao PP e "ás mareas" que expliquen cantos impostos baixaron onde gobernan.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo e candidato á reelección, o socialista Abel Caballero, presumiu este xoves das finanzas do Concello olívico, no que a débeda “é cero”, os impostos “os máis baixos de Galicia” e o período de pago a provedores o máis curto, á vez que cuestionou a credibilidade do PP sobre a baixada de impostos, cando non a practicaron nas cidades en que gobernan.

En declaracións aos medios, o alcalde lembrou que, cando chegou ao goberno da cidade, había unha débeda de 60 millóns deixada polo goberno anterior, “que non mostrou gran eficacia no aforro”. “Durante o mandato canceleina, e fomos o primeiro concello de Europa en instaurar a débeda cero. Non debemos nada a ninguén”, proclamou.

Así mesmo, recalcou que Vigo paga aos seus provedores “en 7 días”, “moito máis rápido que a Xunta” e que outros concellos; que a cidade ten “os impostos máis baixos de Galicia”; e bonificacións fiscais por valor de 7 millóns de euros anuais, con taxas por baixo da media na recollida de lixos, circulación, IBI, etc.

“Gustaríame que o PP e ‘mareas’ expliquen cantos impostos baixaron onde gobernan”, afirmou, e subliñou que “a credibilidade vén das accións nos sitios onde se goberna”.No caso de Vigo, lembrou que a Xunta incrementou en 3 millóns de euros o canon que hai que pagar a Sogama polo transporte e tratamento dos residuos e, “o máis escandaloso”, ten un aparcadoiro de pago no Hospital Álvaro Cunqueiro.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...