InicioSociedadeMarea de Vigo propón crear xuntas de distrito que atendan "as necesidades...

Marea de Vigo propón crear xuntas de distrito que atendan “as necesidades de cada núcleo de poboación”

Segundo a formación, búscase evitar "a intermediación de asociacións partidarias" e favorecer que a toma de decisións recaia en persoas que coñezan as necesidades de cada zona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato de Marea de Vigo á Alcaldía da cidade olívica, Rubén Pérez, propuxo a creación de xuntas de distrito e de parroquias no municipio para atender “as necesidades de cada núcleo de poboación”.

Segundo recolleu nun comunicado a formación, o obxectivo desta medida é evitar as “diferenzas de trato entre o centro e os barrios e parroquias” que, ao seu xuízo, provocan a existencia de “cidadanía de primeira e de segunda (clase)”.

Deste xeito, búscase evitar “a intermediación de asociacións partidarias” e favorecer que a toma de decisións recaia en persoas que coñezan as necesidades de cada zona de “un modo directo”.

Así mesmo, Rubén Pérez reivindicou a importancia do desenvolvemento desta iniciativa para a defensa do comercio de proximidade que, na súa opinión, garante un “maior respecto polo medioambiente” e a produción local.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...