InicioVigo e contornaVigoPablo Iglesias volve a Vigo de campaña electoral

Pablo Iglesias volve a Vigo de campaña electoral

O líder de Podemos estará na cidade o 22 de maio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O líder de Podemos, Pablo Iglesias, visitará Galicia no marco da campaña electoral o próximo 22 de maio, xornada na que participará nun mitin para arroupar a candidatura de confluencia Marea de Vigo, encabezada por Rubén Pérez (Esquerda Unida) e na que tamén participa o partido morado.

Segundo fontes de Podemos, a axenda de Iglesias no seu paso por Galicia na campaña de europeas e municipais aínda non está pechada e podería visitar outras localidades como Ferrol, Santiago de Compostela ou A Coruña, municipios gobernados desde 2015 por candidaturas da chamada ‘unidade popular’.

Con todo, a postura adoptada nas eleccións xerais polos rexedores de Santiago, Martiño Noriega, e A Coruña, Xulio Ferreiro, pon en cuestión que finalmente Iglesias participe nas campañas de Compostela Aberta e Marea Atlántica.

E é que tanto Noriega como Ferreiro apostaron por non decantarse publicamente por ningunha das dúas candidaturas xurdidas da ruptura de En Marea –a propia En Marea partido de Luís Villares e a coalición En Común Unidas Podemos–. Nin o coruñés nin o compostelán chegaron a relevar o sentido do seu voto.

Debido á división e ante a cita coas urnas do 28 de abril, as asembleas de Compostela Aberta e Marea Atlántica decidiron outorgar liberdade de acción aos seus militantes e non situarse por ningunha das dúas listas xurdidas do ‘divorcio’ no proxecto da esquerda rupturista galega.

O único dos chamados ‘alcaldes do cambio’ que si expresou o seu apoio a unha lista nas xerais foi o ferrolán Jorge Suárez. O líder de Ferrol en Común e candidato á reeelección participou en actos cos membros de En Común e, de feito, seguiu a xornada electoral do 28 de abril desde o local da coalición de Esquerda Unida e Podemos, situado en Santiago.

MITIN EN VIGO

Así as cousas e a falta de confirmación da axenda completa de Iglesias ao seu paso por Galicia, Marea de Vigo expresa a súa satisfacción por que o líder do partido morado acuda á cidade olívica, o que, en palabras de Rubén Pérez, “dá unha medida da preocupación por esta cidade das pesonas que forman parte do Grupo Parlamentario de En Común-Unidas Podemos no Congreso“.

Vigo foi a cidade galega na que En Común-Unidas Podemos logrou un mellor resultado o pasado 28 de abril e tamén a única urbe na que Iglesias participou nun mitin no marco da campaña das xerais. Foi o 25 de abril, día no que o secretario xeral do partido morado tamén pasou pola Coruña, onde visitou a lonxa herculina, e Ferrol, cidade na que se manifestou con traballadores de Navantia.

“Esta visita reafirma a aposta de Podemos pola Marea de Vigo como espazo aglutinador das forzas de esquerda na cidade”, afirma Xaquín Pastoriza, número dous na lista de Marea de Vigo e responsable de Podemos na cidade olívica.

Vigo, xunto coa Coruña e Santiago, son as únicas cidades galegas nas que só existe unha única candidatura do espectro da chamada unidade popular. A diferenza de Lugo, Ferrol, Pontevedra e Ourense; Anova, EU, Podemos e Equo si alcanzaron un acordo para concorrer conxuntamente ás eleccións do próximo 26 de maio.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...