InicioVigo e contornaVigoElena Muñoz presenta a "maior rebaixa fiscal da historia de Vigo"

Elena Muñoz presenta a “maior rebaixa fiscal da historia de Vigo”

Muñoz avogou por complementar as bonificacións e axudas a familias e empresas cunha rebaixa de taxas. Segundo explicou, o seu partido propón eliminar a plusvalía municipal, "un gravame inxusto e anacrónico".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A candidata do PP á Alcaldía de Vigo, Elena Muñoz, iniciou a campaña das municipais expondo “a maior rebaixa fiscal da historia” da cidade, con medidas como a redución do IBI, a eliminación da plusvalía municipal ou a rebaixa no IAE.

Así, Muñoz prometeu, que se goberna a cidade, levará a cabo unha reforma impositiva que marcará “un antes e un despois” para os vigueses, que levan tempo vendo como os impostos que teñen que pagar soben “ano a ano”. Nese sentido, avogou por complementar as bonificacións e axudas a familias e empresas cunha rebaixa de taxas. Segundo explicou, o seu partido propón eliminar a plusvalía municipal, “un gravame inxusto e anacrónico”; reducir o Imposto de Bens Inmobles (IBI) nun 25 por cento; a mesma redución no Imposto de Actividades Económicas (IAE); e a mesma no imposto d Circulación.

A candidata do PP defendeu que este “alivio” para os petos dos vigueses é “compatible co mantemento da a calidade dos servizos públicos”, porque se pode atraer e manter a empresas na cidade, de modo que “serán máis a pagar e a xerar emprego”. “Xa se fixo noutros concellos e é posible”, incidiu, á vez que lamentou que, actualmente, as empresas atópanse con “todo tipo de trabas” para instalarse en Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...