InicioSociedadeElena Muñoz presenta o seu programa económico aos empresarios de Vigo

Elena Muñoz presenta o seu programa económico aos empresarios de Vigo

Comprometeuse a crear un servizo de apoio a emprendedores e pemes, así como converter Vigo nun Concello 'Doing Business' "capaz de atraer novas empresas e investimentos", e axilizar as licenzas de apertura de novos establecementos, fixando un prazo máximo de 30 días

PUBLICADO O

- Advertisement -

A candidata do PP á Alcaldía de Vigo, Elena Muñoz, presentou este xoves o seu programa económico nun xantar coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia na cidade olívica, no que prometeu pór “alfombra vermella” aos investimentos na cidade, e dar facilidades para o emprendimiento, o desenvolvemento das pemes e a actividade comercial.

Na súa intervención, Muñoz apostou por aprobar un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) no próximo mandato, para poder ofrecer chan industrial na cidade, xa que as últimas implantacións empresariais no parque tecnolóxico de Valadares “fixéronse en 2004”.

Por outra banda, comprometeuse a crear un servizo de apoio a emprendedores e pemes, así como converter Vigo nun Concello ‘Doing Business’ “capaz de atraer novas empresas e investimentos”, e axilizar as licenzas de apertura de novos establecementos, fixando un prazo máximo de 30 días.

A candidata do PP reivindicou o papel dos gobernos municipais na dinamización industrial e empresarial, e puxo como exemplo o “xiro de mentalidade” de Portugal, onde “xa non hai alcaldes do século XIX, senón que son protagonistas dos investimentos”.

Por outra banda, proclamou que o seu partido “seguirá reclamando para Vigo o que é de Vigo”, en alusión a infraestruturas e servizos como o saída sur ferroviaria, a nova autovía ao Porriño, os accesos á AP-9 en Teis desde Torres de Padín, ou a gratuidade da peaxe en Rande-Redondela.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...