InicioVigo e contornaVigoYolanda Díaz demanda garantir o mantemento dos empregos en Vulcano

Yolanda Díaz demanda garantir o mantemento dos empregos en Vulcano

Cualificou de "imprescindible" o compromiso da continuidade da actividade en Vulcano e do mantemento dos postos de traballo do persoal que non se poida acoller a un plan de xubilacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A deputada electa de En Común-Unidas Podemos pola provincia de Pontevedra, Yolanda Díaz, demandou ao Goberno central e á Xunta a súa implicación para garantir o mantemento dos empregos do persoal de Vulcano e o futuro do estaleiro.

Tal e como detallou a formación nun comunicado, Yolanda Díaz reivindicou que Vulcano, que entregará o ferri comprometido durante este mes á naviera Armas, é unha “icona de Vigo” e mostrou o seu apoio aos traballadores do sector naval en xeral.

Así mesmo, cualificou de “imprescindible” o compromiso da continuidade da actividade en Vulcano e do mantemento dos postos de traballo do persoal que non se poida acoller a un plan de xubilacións.

A deputada electa tamén apostou por unha participación activa dos poderes públicos para redefinir o modelo produtivo e para apostar por outros proxectos que poidan xerar emprego no Porto de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...