InicioVigo e contornaVigoA loxística portuaria contará coa súa aceleradora de empresas en Vigo

A loxística portuaria contará coa súa aceleradora de empresas en Vigo

Espera que o prazo da convocatoria este aberto antes deste verán e que non se peche ata outono co obxectivo de proceder á adxudicación do apoio económico ao redor de finais deste ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo será a sede galega dunha aceleradora de empresas impulsada desde Portos do Estado mediante un plan de impulso para a innovación no sector a través dun fondo de capital.

Nunha rolda de prensa celebrada en Vigo este martes, a responsable da área de Innovación de Portos do Estado, Jose Llorca, detallou que o obxectivo é incentivar a aposta pola innovación no sector loxístico portuario mediante un financiamento de ata dous millóns de euros por proxecto cuxo reembolso dependerá do éxito da proposta emprendedora no mercado.

Segundo indicou, esta iniciativa, que tamén levará a cabo noutro once cidades españolas, aspira a que os emprendedores coñezan as necesidades do sector loxístico portuario e poidan aplicar os seus coñecementos para dar resposta ás mesmas. Así, este fondo de capital busca apoiar a especialistas en robótica e impresión 3D, entre outras disciplinas.

Jose Llorca avanzou que se espera que o prazo da convocatoria este aberto antes deste verán e que non se peche ata outono co obxectivo de proceder á adxudicación do apoio económico ao redor de finais deste ano.

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, sinalou que esta iniciativa, que está dirixida non só a start-ups senón tamén a empresas xa constituídas que queiran abrir unha nova liña de negocio, foi presentada na cidade olívica este martes ante un grupo de emprendedores.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...