InicioVigo e contornaVigoEn Marea aposta pola banca pública para financiar os contratos do sector...

En Marea aposta pola banca pública para financiar os contratos do sector naval

Luis Villares resaltou que a carencia dun respaldo dos compromisos adquiridos no sector leva unha inseguridade que, á súa vez, fomenta a deslocalización cara a países como Portugal, unha situación ante a que apostou pola intervención do Estado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz de En Marea, Luís Villares, propuxo a creación dunha banca pública a través do Instituto de Crédito Oficial (ICO), dependente do Ministerio de Economía e Empresa, que financie os contratos de construción do sector naval e que avale a súa execución para evitar a falta de pagamentos que sufriu en varias ocasións a industria auxiliar.

Tras reunirse este xoves en Vigo con traballadores de empresas auxiliares e do estaleiro Vulcano, Villares resaltou que a carencia dun apoio dos compromisos adquiridos no sector leva unha inseguridade que, á súa vez, fomenta a deslocalización cara a países como Portugal, unha situación ante a que apostou pola intervención do Estado.

Neste sentido, para garantir o cobro dos traballos realizados por parte da industria auxiliar, expuxo a posibilidade de converter a débeda contraída en accións e, deste xeito, tamén “asegurar a continuidade da actividade empresarial”.

A cabeza de lista da formación ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Iris Malvido, expuxo ademais a necesidade de apostar polo I+D+i para garantir a modernización do sector naval na provincia de Pontevedra e sinalou a importancia de que a Xunta ou o Goberno central estean representados nos consellos de administración.

SOLO PORTUARIO

Así mesmo, o portavoz de En Marea advertiu da existencia de “intereses” que perseguen o peche de estaleiros como Vulcano para especular co chan portuario.

Na súa opinión, esta situación podería reverterse se o Goberno central asumise a débeda que acumulan algúns portos galegos. Villares contrapuxo así o feito de que o Executivo central non teña condonado os gastos derivados das obras do porto exterior de Punta Langosteira, na Coruña, e, en cambio, si asumise os 350 millóns de débeda do Consorcio Valencia 2007 o pasado outono.

Preguntado polos datos de perda de emprego na comunidade reflectidos na Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicada este xoves, asegurou que a renovación do sector da automoción, a través da aposta polo coche híbrido e autonómo, a implicación das administracións no mesmo e no naval e a derrogación das reformas laborais poderían evitar a destrución de postos de traballo en Galicia.

A preguntas dos medios en canto á visita deste xoves a Vigo por parte do candidato de Unidas Podemos á Presidencia do Goberno, Pablo Iglesias, Villares reivindicou que a súa formación “traballa polos dereitos sociais” e sitúase a “pé de obra” todos os días e non só cando se achegan as datas dos comicios electorais.

ÚLTIMAS

Home de 50 anos afúndese na Punta da Foz en Baiona

Un home de arredor de 50 anos, natural de Ourense, sufriu este domingo un...

Detido en Vigo un home por agredir a súa nai cun garfo tras unha discusión por un bote de perexil

A Policía Local de Vigo detivo este domingo a un home de 29 anos...

Xulgan en Vigo un home acusado de estafar máis de 158.000 dólares na compra de produtos do mar

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará este...

Anulan unha cláusula chan nunha hipoteca de 2005 por falta de transparencia

O Xulgado de Primeira Instancia de Vigo declarou nula unha cláusula chan incluída nun...