InicioSociedadePublicada no DOG a convocatoria para reforzar xefaturas dentro do CHUVI

Publicada no DOG a convocatoria para reforzar xefaturas dentro do CHUVI

A EOXI indicou que esta iniciativa aspira a reforzar especialidades hospitalarias que "necesitan consolidar as súas estruturas internas" nun proceso de mellora das súas prestacións asistenciais aos pacientes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) reforzará a súa Xefatura de Servizo de Análises Clínicas e outro catro de sección, dúas de Traumatoloxía, outra de Cirurxía Xeral e Dixestivo e unha de Pneumoloxía.

Segundo detallou a Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) nun comunicado, a convocatoria para acceder a estes postos foi publicada este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) e a adxudicación realizarase polo sistema de avaliación colexiada.

En concreto, a Xefatura de Servizo de Análises Clínicas é a única que faltaba por unificarse desde a reordenación dos distintos servizos do Chuvi en 2015.

Os interesados contarán cun prazo de 20 días hábiles a partir deste martes para presentar a súa solicitude. Tras a finalización dese período, reuniranse as comisións avaliadoras para propor as adxudicacións.

A EOXI indicou que esta iniciativa aspira a reforzar especialidades hospitalarias que “necesitan consolidar as súas estruturas internas” nun proceso de mellora das súas prestacións asistenciais aos pacientes.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...