InicioVigo e contornaRedondelaPontón asegura aos veciños de Chapela e Teis que só o BNG...

Pontón asegura aos veciños de Chapela e Teis que só o BNG “acabará coa estafa das peaxes”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou este venres que só a través dos seus deputados en Madrid hai “garantía” de que o 28 de abril “comezará a conta atrás” para a transferencia da AP-9 a Galicia, fronte a unhas forzas estatais que “veñen de guais” á Comunidade para “prometer” en relación a esta infraestrutura “o que non fixeron en catro anos”.

Nun acto simbólico na saída da AP-9 en Vigo, tras manter unha reunión coas asociacións de veciños de Teis e Chapela, Pontón ironizou co feito de que a AP-9 se converteu en Semana Santa nun “destino predilecto” para as forzas políticas estatais, que veñen facer ” turismo electoral”.

“Que fixeron estes catro anos? Onde estaba Ana Pastor? Na Mesa do Congreso vetando o debate da AP-9, Onde estaba Pilar Cancela?, calada mentres o seu candidato Pedro Sánchez subíanos a estafa das peaxes dúas veces en oito meses, Onde estaba Yolanda Díaz?, apoiando un recortazo de 750 millóns nos peores orzamentos para Galicia en 17 anos. Este é o legado das forzas estatais nesta lexislatura”, criticou Pontón.

Nesta situación, a líder nacionalista subliñou que “só un BNG decisivo” nun Congreso “sen maiorías absolutas” garante o “acabar con este espolio” e puxo como exemplo do que pode facer unha “forza política propia e sen ataduras” a transferencia a Euskadi da AP-68.

“Esta lexislatura tamén nos deixou o retrato de que si é posible facer as cousas doutra forma con forzas políticas propias sen obediencia a Madrid. O PNV deu unha lección a todos os deputados electos por Galicia de que cando se pensa nos intereses da súa sociedade, do seu país, é posible conseguir logros”, resolveu. Por iso, comprometeuse a “utilizar a forza” que “dean os galegos” ao BNG para “acabar coa estafa das peaxes na AP-9”.

SEN BENEFICIOS

Tras o encontro con representantes veciñais de Teis e Chapela, a candidata ao Congreso por Pontevedra, Carme da Silva, afirmou que o paso da AP-9 por esta zona é un “exemplo” do “mal que se xestionan” as infraestruturas “desde Madrid”, con dúas parroquias “sometidas a contaminación acústica e doutros tipos” sen “recibir a cambio nin o beneficio dun acceso sen peaxes”.

“As comunicacións teñen que servir para unir e non, como no caso de Teis e Chapela, para crear un muro de incomunicación. Isto hai que resolvelo porque é un tramo urbano dunha infraestrutura que debe ter tratamento urbano e condicións acústicas e de seguridade propias dun tramo urbano”, dixo Dá Silva.

Destacou, así mesmo, que “hai motivos evidentes” para “retirar a peaxe” de forma específica neste tramo. “Porque non coñezo ningunha outra cidade no Estado onde nunha vía de entrada á cidade os veciños teñan que pagar permanentemente”, engadiu.

ÚLTIMAS

Vigo planta cara á Xunta polo grao de Medicina: o pleno reproba a descentralización e reabre a batalla universitaria

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción do grupo socialista...

SOS Sanidade Pública planea lanzarse ás rúas de Vigo contra o “macrocentro” pediátrico

SOS Sanidade Pública planea unha manifestación en Vigo contra a concentración do servizo de...

Tres responsables do estaleiro vigués Cardama enfróntanse a prisión por un accidente laboral mortal ocorrido en 2022

O xulgado do Penal 2 de Vigo acollerá este xoves unha vista contra tres...

Vigo énchese polo Nadal: ocupación hotelera do 90 % e Caballero presume de “revolución económica”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou o "cheo total" do Nadal na cidade,...