InicioEconomía113 perceptores da Risga na área de Vigo terán un contrato de...

113 perceptores da Risga na área de Vigo terán un contrato de traballo de 9 meses da Xunta

A Xunta investirá 1,3 millóns de euros en 14 municipios da comarca para contratación de desempregados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia resolveu a convocatoria dos apoios concedidos este ano aos concellos galegos para a contratación de persoas perceptoras da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga), unha iniciativa á que destina máis de 1,3 millóns de euros a 14 municipios da área territorial de Vigo para a contratación de 113 desempregados.

No conxunto de Galicia, o Goberno galego inviste este ano 7,6 millóns, un 3,6% máis que en 2018, para contratar 670 parados en 194 localidades, tendo preferencia aqueles que teñan asignado un proxecto de inserción de carácter laboral, os maiores de 45 anos e os que teñan cargas familiares.

A novidade máis importante nesta nova convocatoria é que a duración dos contratos amplíase de 7 a 9 meses. Ademais, a axuda media concedida por traballador aumenta nun 35,4%, sobre 3.000 euros máis, chegando aos 11.467 euros.

Así mesmo, a Consellería de Economía publicará nas próximas semanas a nova convocatoria dos talleres de emprego 2019-2020 (duais e específicos para a mocidade) aos que destinará preto de 24,5 millóns para a posta en marcha de 80 talleres, a través dos que máis de 1.500 desempregados recibirán formación e accederán a un posto de traballo para o desenvolvemento de tarefas que supoñan un servizo en beneficio da comunidade. Os Concellos Emprendedores seguirán tendo preferencia nesta iniciativa.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...