InicioPolíticaYolanda Díaz: "Queremos ser determinantes para o próximo goberno"

Yolanda Díaz: “Queremos ser determinantes para o próximo goberno”

A deputada de Ferrol, cabeza de lista de Unidas Podemos por Pontevedra, fixa como "retos" da campaña recentemente iniciada "falar dos problemas da xente".

PUBLICADO O

- Advertisement -

En Común Unidas Podemos iniciou a carreira cara ás eleccións xerais na medianoite deste venres en Vigo, onde os cabeza de lista polas catro provincias reivindicaron que “un futuro goberno progresista depende dos resultados” das urnas galegas.

Así o resaltou o número un por Pontevedra, a ferrolá Yolanda Díaz, quen subliñou que “un goberno progresista ao servizo da xente e das maiorías pasa porque En Común Unidas Podemos teña un resultado que coloque a Galicia no Estado para ser determinante para o próximo Goberno”.

Acompañada pola cabeza de lista por Ourense –Ledicia Piñeiro–, Lugo –Vanessa Somoza–, e A Coruña –Antón Gómez-Reino–; Yolanda Díaz desafiou á número un por Pontevedra do Partido Popular, Ana Pastor, a manter un debate electoral “centrado en Galicia” aberto á participación de máis candidatos do resto de forzas políticas.

Yolanda Díaz, candidata de En Común Unidas Podemos pola provincia de Pontevedra / Miguel Núñez

Díaz fixa como “retos” da campaña recentemente iniciada “falar dos problemas da xente”, entre os que sitúa “o paro, a precaridade, a desigualdade e a corrupción”. “Temos que derrogar a reforma laboral e loitar contra a precariedade, temos que crear emprego e darlle protección aos desempregados, avanzar na igualdade retributiva. A xente está farta da corrupción, hai que acabar coas portas giratorias. Temos que garantir a Lei de dependencia, a sanidade e a educación”, incidiu Díaz.

Antón Gómez Reino, candidato de En Común Unidos Podemos pola Coruña na pegada en Vigo / Miguel Núñez

PEGADA EN PORTA DO SOL

Así as cousas, a coalición de Esquerda Unida, Podemos e Equo elixiu a cidade olívica para iniciar a campaña electoral, mentres que os seus exsocios, a En Marea de Luís Villares, optaba por Santiago de Compostela.

Na viguesa Porta do Sol, os candidatos Díaz e Gómez-Reino, que no últimos tres anos representaron as siglas En Marea contra as que agora compiten electoralmente, coincidiron en instar o Partido Socialista a aclarar que na súa folla de ruta non entra un pacto de goberno con Cidadáns. “Esta incerteza de darlle o voto ao PSOE para gobernar con Cidadáns é dicir que haberá un goberno de dereitas, como xa insinuou (José Luís) Ábalos”, remarcou o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...