A Xunta nega que obstaculice as obras en Vigo porque cumple “o previsto na lei de Patrimonio”

Restos romanos atopados na construcción dun edificio na rúa Marques de Valladares de Vigo / LR

A Xunta de Galicia respondeu este venres ás acusacións do alcalde, Abel Caballero, sobre a paralización de obras na cidade “sen ningunha razón” por parte da administración autonómica, e asegurou que “se están tramitando os expedientes de acordo co previsto na lei“.

Así o trasladou o delegado territorial do goberno galego, Ignacio López-Chaves, quen asegurou que a actuación da Xunta ten por finalidade “garantir que non se producen danos ao patrimonio histórico dos vigueses“.

Mentres que o alcalde acusou á administración autonómica de “parar” as obras de asfaltado de Areal, Vitoria, Carral e Luís Taboada, esgrimindo cuestións arqueolóxicas, o delegado da Xunta recalcou que o goberno galego actuou “igual que no resto de concellos de Galicia“.

No caso das obras das que falou Abel Caballero, López-Chaves asegurou que as solicitudes se recibiron “fai cinco días” e estanse tramitando “segundo o procedemento, sen pór obstáculos”. Ademais, precisou, dunha das obras “nin sequera presentouse á solicitude”.