InicioSociedadeAberto o prazo de alegacións polas expropiacións para o paseo do río...

Aberto o prazo de alegacións polas expropiacións para o paseo do río Lagares

Segundo lembrou en rolda de prensa o alcalde de Vigo, Abel Caballero, as expropiacións terán un custo de 428.000 euros e afectan a 96 parcelas lindeiras co río.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves a aprobación inicial do proxecto de expropiación das parcelas afectadas pola construción dunha senda fluvial no río Lagares, e ábrese un prazo dun mes para que os propietarios poidan presentar alegacións.

Segundo lembrou en rolda de prensa o alcalde de Vigo, Abel Caballero, as expropiacións terán un custo de 428.000 euros e afectan a 96 parcelas lindeiras co río.

O Concello acondicionará unha senda fluvial ao longo de case 3,3 quilómetros, entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid. Ese proxecto ten un investimento previsto de 785.000 euros.

Así, agora o Concello notificará individualmente aos propietarios afectados a tasación das súas leiras e ábrese un prazo dun mes para a presentación de alegacións.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...