InicioSociedadeMarea ve "ridículo" pedir competencias sobre o Lagares porque xa hai responsabilidade...

Marea ve “ridículo” pedir competencias sobre o Lagares porque xa hai responsabilidade municipal

"O que o Concello ten que facer é abordar a situación de indixencia ecolóxica" na que está o río "para que deixe de ser unha cloaca que atravesa a cidade", esixiu Rubén Pérez, portavoz do partido en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo ve “ridículo” que o alcalde insista en pedir competencias sobre o río Lagares alegando que a Xunta non o limpa. Lembrou que son os concellos os que teñen a obriga de limpar e manter en boas condicións as canles dos ríos ao seu paso por zonas urbanas.

Así o trasladou en rolda de prensa o portavoz do grupo, Rubén Pérez, quen subliñou que o goberno local debe “explicar para que quere” esas competencias sobre o río. Segundo incidiu, o Concello xa ten responsabilidades sobre o mantemento do Lagares e, ademais, as competencias están delimitadas no plan urbanístico vixente (a PXOM de 1993) e no plan de recuperación do río.

“O que o Concello ten que facer é abordar dunha vez a situación de indixencia ecolóxica na que está o Lagares desde hai anos”, subliñou Rubén Pérez, en referencia a un río do que se “esqueceron” diferentes gobernos municipais.

A ese respecto, lembrou que Marea de Vigo xa pediu que se actúe para protexer esa contorna fluvial e que se declare Espazo Natural de Interese Local (ENIL) non só a canle do río, senón tamén a súa desembocadura e as zonas próximas. Todo iso para que “o Lagares deixe de ser unha cloaca que atravesa a cidade”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...