InicioSucesosUn vigués estafou miles de euros a través de páxinas web de...

Un vigués estafou miles de euros a través de páxinas web de adultos

Foi condenado po usurpación de identidade, estafa, falsidade documental, furto e reclamación xudicial,

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 40 anos residente en Vigo foi detido como presunto autor de varias estafas realizadas a persoas coas que supostamente contactaba mediante páxinas web de adultos e que suman máis de 30.000 euros.

Os delitos dos que se lle acusa son usurpación de identidade, estafa, falsidade documental, furto e reclamación xudicial, segundo precisou a Policía Nacional nun comunicado.

En concreto, a investigación iniciouse tras unha denuncia presentada por un home respecto ao cargo de distintos gastos no seu cartón realizados sen o seu consentimento. Tras analizar os pagos, os axentes comprobaron que se trataba de compras de produtos electrónicos de marca realizadas en grandes superficies. Tamén se efectuaron retiradas de diñeiro en caixeiros automáticos e nunha empresa de microcréditos persoais.

Así mesmo, a Policía Nacional descubriu unha situación similar, ocorrida a outro veciño de Vigo, na que se rexistraron pagos non autorizados en distintas xoiarías, clínicas de estética, cafetarías e gasolineiras da cidade. Tamén coñeceron un terceiro caso a través do que se informaron de que o causante dos gastos contactaba coas súas vítimas mediante unha páxina web de adultos.

DETENCIÓN

Ademais, o suposto autor dos delitos comprara e matriculara unha motocicleta para os seus desprazamentos e realizara diversas manobras para ocultar a procedencia do diñeiro. Tras atopar en venda uns robots dunha marca coñecida, os axentes puideron pescudar a súa procedencia e deter a última hora deste mércores pola mañá ao vigués que supostamente realizara as estafas.

Unha vez trasladado a Comisaría, comprobouse que contaba con sete antecedentes policiais e que varios deles debíanse a feitos similares. Ademais, descubriuse que tiña pendentes dúas ordes de detención e personación emitidas polo Xulgado de Instrución nº 8 de Vigo e o Xulgado do Penal nº 3 de Vigo.

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...