InicioSociedadePiden cárcere para os xestores dun local de alterne que non cotizaban...

Piden cárcere para os xestores dun local de alterne que non cotizaban polas empregadas

Poden evitar a prisión se cumpren cunhas sancións económicas e se non cometen ningún delito nos vindeiros tres anos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou os xestores dun local de alterne a nove e seis anos de cárcere, respectivamente, por non dar de alta na Seguridade Social a oito traballadoras. Malia iso, poderían evitar a prisión se asumen certas sancións económicas e se non cometen máis delitos nos vindeiros tres anos.

O fallo recolle que a xerente, N.P.V., deberá abonar unha sanción a razón de seis euros diarios durante nove meses. Asemade, o director, D.F.R., terá que pagar a mesma cantidade ao longo de seis meses. Finalmente, o xuízo non tivo lugar debido a unha conformidade entre ambas as partes.

En concreto, están condenados por cometer un delito contra os dereitos dos traballadores no club de alterne vigués Mamba Negra. Con todo, non deberán entrar en prisión se non cometen ningún delito nos próximos tres anos e sempre que asuman o pago das sancións económicas.

Tamén deberán financiar as costas procesuais e realizar un pago de 9.000 euros á Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Este abono será realizado en tramos mensuais de 125 euros para cada un e, se un deles non o asume, o custo recaerá sobre o outro. Ademais, a falta de pagamento dunha destas cotas podería revogar a suspensión da pena de prisión.

Neste caso, procedente do Xulgado de Instrución número 6 de Vigo, os xestores do establecemento enfrontábanse a tres anos de cárcere. Ademais, a Fiscalía demandara a clausura do local por un período de cinco anos.

ÚLTIMAS

O embaixador de Perú rende homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo no porto de Vigo

O embaixador de Perú en España, Luís Iberico Núñez, encabezou este domingo unha ofrenda...

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...