InicioPolíticaA deputada socialista viguesa Lola Galovart deixa a política e volverá á...

A deputada socialista viguesa Lola Galovart deixa a política e volverá á xudicatura

PUBLICADO O

- Advertisement -

A deputada socialista viguesa Lola Galovart, quen foi cabeza de lista do PSdeG-PSOE por Pontevedra nas eleccións xerais de 2015 e 2016, confirmou este martes a súa intención de apartarse da política activa e regresar á súa profesión como xuíza.

A través dun comunicado remitido pola agrupación socialista de Vigo, Galovart expresou que, “ante o final da presente lexislatura”, considerou que “chegou o momento de volver a casa” e reintegrarse á súa carreira profesional na xudicatura.

“Quero agradecer ao Partido Socialista que me deu a oportunidade de presentarme nas eleccións, e en particular, ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, pola confianza que sempre depositou en min“, expresou.

Finalmente, tras agradecer tamén a confianza e apoio dos electores, Galovart manifestou a súa esperanza de que estes case tres anos como deputada pola provincia de Pontevedra “fosen de utilidade para os cidadáns e cidadás”.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...