InicioPolíticaAsí foi o encontro entre Caballero e Feijóo tras meses de críticas...

Así foi o encontro entre Caballero e Feijóo tras meses de críticas cruzadas

Conselleira, presidente... Encántame", dixo o alcalde na presentación da futura estación intermodal. Feijóo destacou a colaboración do concello pero lembrou que o proxecto é da Xunta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Facía tempo que non coincidían nun acto, e tan pouca distancia, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero. E ese acto foi durante a presentación da estación intermodal da cidade olívica. Un encontro que foi tenso, pero cordialmente político.

Os dous dirixentes, a diferencia do que teñen acostumado, evitaron as críticas ou a confrontación e mesmo intercambiaron apretón de mans e algunha conversa, aínda que se palpaba a tensión.

De feito, Feijóo, durante a súa intervención, insistiu en que o proxecto se fai grazas ao compromiso da Xunta. Algo que quixo resaltar en varias ocasións. O rexedor evitou entrarlle ao trapo e mesmo soltou un “conselleira, presidente… Encántame”, que deixou descolocados os dirixentes populares.

Estas son as imaxes dese encontro:

Encontro entre Feijóo e Caballero en Vigo / Miguel Núñez
Abel Caballero e Feijóo, que contén a tensión / Miguel Núñez
Momento da presentación da estación intermodal, con Feijóo e Caballero sentados xuntos / Miguel Núñez
Feijóo e Caballero mesmo tiveron algún momento para comentar algunha cousa / Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...