InicioEconomíaO director de PSA Vigo quere construír un "anel verde" ao redor...

O director de PSA Vigo quere construír un “anel verde” ao redor da factoría

Di que o seu interese é integrarse na contorna.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O director da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo, Ignacio Bo, precisou este venres que a “urxencia” da fábrica de Balaídos é poder “integrarse” na contorna, e o seu principal interese está na creación dun anel verde ao redor das instalacións.

Así o matizou a preguntas dos medios durante unha visita ao Centro Tecnolóxico de Automoción (CTAG), na que acompañou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

Ante a polémica sobre unha eventual urxente ampliación do polígono de Balaídos (posta sobre a mesa polo alcalde de Vigo, que anunciou que pedirá a aplicación da lei 3 /2016 para axilizar a tramitación urbanística), Ignacio Bo aclarou que a mensaxe que a dirección da fábrica trasladou ás institucións (Zona Franca, Concello e Xunta) é que o seu “interese fundamental” é “que a integración da fábrica sexa a mellor posible”.

A ese respecto, apostou por construír un “anel verde” ao redor da factoría porque PSA quere ten “unha boa relación coa contorna” e “que non haxa afección mutua”. “A nosa vocación é fabricar en Vigo durante moitos anos”, proclamou.

En relación a unha posible ampliación do polígono, o director da planta sinalou que, se se fai esa ampliación, PSA podería estar “interesada” e podería facer uso deses espazos, sobre todo para a localización de provedores, o que axudaría a reducir custos loxísticos. No entanto, insistiu en que “neste momento, os procesos produtivos (da planta) están cubertos” e que “o que está en discusión é a urxencia”. “A nosa urxencia hoxe é a integración na contorna”, aclarou.

ÚLTIMAS

O metal asina a paz pero o comercio planta cara: folga masiva en Vigo de 10.000 traballadores

O conflito do metal na provincia de Pontevedra non está nin moito menos pechado....

Guerra política en Vigo polo ataque á flotilla internacional: o PSOE veta unha declaración do BNG con vigueses a bordo

O conflito de Oriente Medio volve sacudir a política municipal de Vigo, e faino...

Os drons da Policía Local de Vigo cazan a un furtivo reincidente con tres quilos de ameixas en Teis

A Policía Local de Vigo identificou e denunciou a un veciño da cidade de...

Un condutor resulta ferido en Vigo tras impactar co seu turismo contra un báculo de iluminación na Avenida de Beiramar

Un condutor de 48 anos de idade resultou ferido este mércores en Vigo tras...