InicioEconomíaA Xunta presume de "mediar" na crise de Vulcano na procura dun...

A Xunta presume de “mediar” na crise de Vulcano na procura dun “novo contrato”

En Marea e BNG preguntan en comisión un día despois da reunión en Madrid e tras a aceptación dos traballadores do plan de pagamentos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia di estar “a traballar” cun papel de “mediador” no contexto da crise de Vulcano. Centran o seu obxectivo en lograr “un novo contrato”, en relación ao conflito xurdido co buque ‘Villa de Terror’, encargado por Naviera Armas (Trasmediterránea) ao estaleiro vigués.

Así se pronunciou o director do Igape, Juan Cividanes, na comisión parlamentaria deste martes que aborda asuntos industriais. Díxoo así en resposta ás preguntas que lle fixeron ao respecto os deputados de En Marea e BNG Pancho Casal e Noa Presas.

Un día despois da reunión celebrada polas partes en Madrid e tras a aceptación por parte dos traballadores do plan de pagos, Casal avisou do “dramático” e “incomprensible” da situación. Mentres, Presas acusou á Xunta de manter unha “actitude pasiva” e urxiu a levar a cabo unha “actuación contundente” para “evitar un desenlace fatal”.

Pola súa banda, o representante do Igape sinalou que “se está traballando nun novo contrato que ampare todas as partes para que se poidan pagar as débedas que hai, terminar o barco, entregalo ao armador, e que cada un cumpra cos seus compromisos”.

Xa na súa segunda quenda, a portavoz do Bloque replicou que “o que piden é o recurso fácil de buscar solucións a través da intervención”. “Que a Sepi interveña non é a política que nós defendemos, non podemos tomar esas medidas, que é o recurso fácil aos fondos públicos e en moitas ocasións o que xera son solucións a curto prazo e non reais e consolidadas“, resolveu.

Así, insistiu en que o seu “modelo” pasa por “buscar solucións entre todos os axentes económicos, buscando un contrato que habilite e permita xerar a confianza para que se poidan renovar os traballos cunha data que lle valla a quen ten que comprar o barco”. Resaltou a necesidade de que ese documento lle dea confianza a todos os implicados “para que saiban que van poder cobrar as cantidades que se comprometan”.

“É un acordo no que teñen que estar todas as partes. Estamos a traballar. O noso papel é de mediador para conseguir que poidan confluír todos os intereses e que haxa un equilibrio para que haxa unha solución que permita entregar o barco”, finalizou.

ÚLTIMAS

Detidos mentres tentaban recuperar 80 quilos de coca nun colector en Vigo

Unha operación conxunta levada a cabo por axentes da Garda Civil e funcionarios de...

Luisa Sánchez asume o control do PP en Vigo para ser “alternativa” nas eleccións de 2027

A presidenta do PP de Vigo asumirá nos próximos días a portavocía do grupo...

Un axente en prácticas salva do afogamento a un vendedor de drogas que caeu no porto ao tentar fuxir

A Policía Nacional detivo nos últimos días a tres persoas en Vigo tras desarticular...

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...