InicioSociedadeVigo proba sorte cun autobús urbano eléctrico

Vigo proba sorte cun autobús urbano eléctrico

Percorrerá o centro de Vigo entre este martres e o 21 de febreiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un autobús urbano eléctrico percorrerá o tramo da liña C1 de Vigo entre Praza América e a rúa Policarpo Sanz entre este martes, día 19, e o xoves, día 21.

O servizo será de carácter gratuíto durante estes días, nos que o autobús estará en probas. Segundo se recolle nun comunicado, o modelo, denominado Aptis e desenvolvido pola multinacional Alstom, funcionará mediante a compañía de transporte urbano Vitrasa.

Aptis, inspirado no deseño do tranvía, recibiu o premio á innovación na feira Busworld 2017 e é o primeiro autobús deseñado desde a súa orixe como un vehículo eléctrico. A superficie acristalada deste modelo é un 20 por cento maior á dos autobuses tradicionais e, ademais, conta cunha autonomía de 250 quilómetros e unha capacidade para 100 persoas.

Así mesmo, este vehículo conta cunhas rodas que minimizan un 25 por cento o radio de xiro, o que permite axilizar as manobras de estacionamento. A carga pódese realizar ao final de cada liña mediante un sistema de carga estática desde o chan ou durante a noite.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...