InicioSociedadeA UVigo implantará titulacións de enxeñaría duais que permitirán cursar un ano...

A UVigo implantará titulacións de enxeñaría duais que permitirán cursar un ano en empresas galegas

O reitor explicou que o obxectivo é "axustar a oferta á demanda", así como que os mozos poidan cursar as titulacións que desexan sen necesidade de desprazarse fóra de Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) implantará as súas primeiras titulacións duais dos graos de Enxeñaría da Automoción, Enxeñaría Informática e Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación. Esta iniciativa permitirá que os estudantes cursen 60 créditos ECTS nunha empresa que, aínda que teña carácter internacional, conte con instalacións en Galicia.

Así o avanzou o reitor da universidade galega, Manuel Reigosa, este venres nunha rolda de prensa na que afirmou que esta proposta podería “facilitar o seu encaixe laboral” e esperou que poida materializarse en “ano e medio”. Ademais, defendeu que esta aposta pode resultar “moi atractiva” e favorecer a captación de estudantes.

Nesta liña, Manuel Reigosa detallou que a universidade contactou con distintas empresas para trasladarlles esta iniciativa e que, en xeral, recibiu unha “resposta moi positiva”.

Por outra banda, ante a baixada da taxa de matriculación da Universidade de Vigo, que supuxo que este ano se incorporaron a estas facultades 92 estudantes menos que o curso anterior, o reitor explicou que o obxectivo é “axustar a oferta á demanda”, así como que os mozos poidan cursar as titulacións que desexan sen necesidade de desprazarse fóra de Galicia.

EXCEDENTE DE OFERTA

Ademais, o reitor avanzou que tamén se aspira a ofrecer as prazas que non sexan cubertas a estudantes procedentes de países de hispanofalantes e lusófonos. Preguntado pola situación dos graos menos solicitados –entre os que se atopan Enxeñaría Agraria e Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios–, explicou que se deben dar a coñecer as súas “saídas laborais” aos estudantes a través de medidas promocionais.

En canto á diminución da taxa de nova incorporación do alumnado, sinalou que se trata dunha tendencia a nivel estatal que relacionou co envellecemento da poboación e a redución do número de mozos.

ESTUDANTES DE NOVO INGRESO

Mentres, a vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, concretou que a porcentaxe de prazas de novo ingreso cubertas na UVigo foi do 96 por cento. Por campus, o que presentou unha maior taxa de ocupación foi o de Pontevedra, que superou o 97 por cento, seguido polo de Ourense, cun 96,5 por cento; e o de Vigo, cun 94,5 por cento.

En total, dos case 20.500 matriculados na universidade, foron 3.600 os que se incorporaron durante o curso 2018-2019. Deles, máis duns 16.500 cursan estudos de grao, máis de 2.000, de máster, e ao redor de 1.200, de doutoramento.

A nivel global, as mulleres representan o 51,8 por cento dos matriculados, fronte ao 48,2 por cento dos homes. Así mesmo, a maior parte concéntranse no campus de Vigo, no que se forman máis de 11.200 estudantes, mentres que en Ourense e Pontevedra fano máis de 4.600 e 4.000, respectivamente.

Así mesmo, Caparrini indicou que as ramas nas que se congregan a maioría dos universitarios que cursan os graos ofrecidos, que ascenden a 62, son a de Ciencias Sociais e Xurídicas, que conta con 8.900 matriculados e a de Enxeñaría e Arquitectura, na que a cifra se sitúa en 5.300.

ÚLTIMAS

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...