InicioSociedadeCaballero non quere comparecer na Comisión do Marisquiño ata que se defina...

Caballero non quere comparecer na Comisión do Marisquiño ata que se defina a autonomía local

O alcalde de Vigo considera unha "intromisión" na administración municipal o feito de que o citaran para declarar no Parlamento

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou que solicitou ao Parlamento de Galicia o adiamento da súa comparecencia ante a comisión de investigación do accidente de O Marisquiño -fixada para o vindeiro martes día 19- ata que o Consello de Estado emita o ditame solicitado polo Goberno central sobre a autonomía local.

A preguntas dos xornalistas nunha rolda de prensa que tivo lugar este xoves, Abel Caballero rexeitou pronunciarse sobre a posibilidade de que a resolución do Consello de Estado non se emita a tempo para evitar a súa asistencia ao Parlamento de Galicia. A non participación nunha comisión de investigación na que se foi citado pode levar sancións penais.

Ademais, o alcalde de Vigo insistiu na importancia de esperar ata que se produza o pronunciamento do Consello de Estado para comprobar “se a autonomía local marca fronteiras” entre os distintos niveis de goberno. Neste sentido, reivindicou a independencia das tres administracións locais que contempla a Constitución Española -a central, a autonómica e as corporacións locais-.

Precisamente, o rexedor viguésreferiuse en repetidas ocasións á autonomía da administración local para defender o seu dereito a non comparecer no Parlamento de Galicia. Así, a súa argumentación centrouse en que a solicitude da Cámara galega supón unha intromisión na autonomía do Concello da cidade olívica.

En concreto, a comisión de investigación que se desenvolve no Parlamento de Galicia busca dirimir as responsabilidades políticas derivadas do afundimento do paseo das Avenidas de Vigo. O suceso, que tivo lugar o pasado agosto durante un concerto no marco do festival O Marisquiño de cultura urbana, saldouse con 467 feridos.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...