InicioSociedadeNova detención por un presunto caso de violencia de xénero en Vigo

Nova detención por un presunto caso de violencia de xénero en Vigo

A vítima decidiu denuncialo logo de varios episodios de agresión. Desta volta, relatou que o seu home a zarandeara e lle pegara labazadas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes de Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron un veciño da cidade, A.A.G.C., nacido en Perú e de 36 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero por agredir a súa parella.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do mércores, cando unha dotación do 091 se trasladou a un domicilio da rúa Torrecedeira, onde unha muller solicitaba presenza policial.

Unha vez alí, os axentes atoparon no portal do inmoble unha muller que levaba varias maletas, e que relatou que mantivera unha discusión coa súa parella. Segundo o seu testemuño, este zarandeáraa e pegáralle labazadas.

Dado que non era a primeira agresión deste tipo que sufría, a muller confirmou aos policías que decidira abandonar á súa parella e denuncialo. O sospeitoso foi localizado polos axentes nun bar próximo, onde foi detido.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...