InicioSucesosDetido un camareiro por roubar un sobre con 1.000 euros na cafetaría...

Detido un camareiro por roubar un sobre con 1.000 euros na cafetaría onde traballaba

Axentes da Policía Nacional de Vigo detiveron a un empregado dunha cafetaría da cidade, un home de 27 anos de idade, como presunto autor do furto dun sobre que contiña máis de 1.000 euros, e que estaba na caixa de caudais no establecemento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional de Vigo detiveron a un empregado dunha cafetaría da cidade, un home de 27 anos de idade, como presunto autor do furto dun sobre que contiña máis de 1.000 euros, e que estaba na caixa de caudais no establecemento.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse a principios de febreiro, cando a responsable dunha cafetaría da rúa Ecuador presentou unha denuncia en Comisaría pola subtracción dun sobre con máis de 1.000 euros, e que gardaba nunha caixa de caudais para pagar a un provedor.

Cando se dispuña a realizar o arqueo de caixa e pechar a contabilidade descubriu que o sobre co diñeiro desaparecera.

O grupo de policía xudicial da Comisaría Centro iniciou as pescudas e comprobou que non había signos de forzamiento nin na caixa nin nos accesos ao establecemento.

Así mesmo, constataron que, entre os empregados da cafetaría, había un con antecedentes policiais por feitos similares. Así, a investigación centrouse nese sospeitoso, que foi finalmente detido como responsable do furto. O detido e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado de instrución número 5 de Vigo.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...