InicioSociedadeA Fiscalía pide o internamento "non voluntario e urxente" nun centro psiquiátrico...

A Fiscalía pide o internamento “non voluntario e urxente” nun centro psiquiátrico do anciá raiacohes de Vigo

A Fiscalía de Vigo solicitou ao Xulgado de Familia número 12 da cidade o internamento psiquiátrico "non voluntario e urxente" de J.A.V.V., de 80 anos de idade, coñecido como o 'rayacoches'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía de Vigo solicitou ao Xulgado de Familia número 12 da cidade o internamento psiquiátrico “non voluntario e urxente” de J.A.V.V., de 80 anos de idade, coñecido como o ‘el rayacoches’ tras pasar este venres polo xulgado.

Así os confirmaron fontes do ministerio público, que detallaron que esta medida ten por obxecto levar a cabo “un diagnóstico completo do seu estado e, en particular da súa saúde psíquica”.

Por outra banda, a Fiscalía tamén solicitou que os servizos sociais avalíen a súa posible situación de vulnerabilidade e a súa capacidade para vivir só e atender ás súas necesidades. Todo iso co fin de analizar o seu posible internamento nunha residencia.

J.A.V.V. compareceu este venres ante a xuíza do penal número 1 de Vigo, en relación cun xuízo pendente por causar danos nunha ducia de vehículos aparcados. O home enfróntase por estes feitos a unha multa de 16.000 euros.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...