InicioSucesosO octoxenario raia coches de Vigo é detido pola Policía

O octoxenario raia coches de Vigo é detido pola Policía

A Policía Local de Vigo detivo este xoves ao veciño octoxenario que foi denunciado en reiteradas ocasións por raiar automóbiles e danar as fechaduras de vehículos e portais nesta cidade mediante a introdución de escarvadentes de madeira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo este xoves ao veciño octoxenario que foi denunciado en reiteradas ocasións por raiar automóbiles e danar as fechaduras de vehículos e portais nesta cidade mediante a introdución de escarvadentes de madeira.

Segundo precisou a Policía Local en declaracións a Europa Press, os feitos tiveron lugar ao redor das 15,40 horas na rúa Canario tras unha orde ditada polo Xulgado do Penal número 1 de Vigo.

Posteriormente, o home foi trasladado ás dependencias da Policía Nacional da cidade olívica para ser posto a disposición xudicial.

A semana pasada, os axentes identificaron a este ancián e realizaron a correspondente tramitación de denuncia tras desprazarse á rúa Reiseñor, no barrio da Dobrada, e comprobar que raiara dous vehículos.

Este home conta con máis dunha ducia de antecedentes policiais por feitos como estes e consta como autor de desfeitas en centenares de coches.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...