InicioSociedadeJoako Ezpeleta, novo director dun Festival do Marisquiño co futuro no aire

Joako Ezpeleta, novo director dun Festival do Marisquiño co futuro no aire

A organización do Festival O Marisquiño confirmou o cambio na dirección do evento, que a partir de agora asumirá Joako Ezpeleta, en substitución de Carlos Domínguez 'Piti' (fundador do evento e director desde a súa orixe), e o primeiro obxectivo nesta nova etapa será facer un "estudo en profundidade" sobre a "viabilidade" da edición de 2019.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A organización do Festival O Marisquiño confirmou o cambio na dirección do evento, que a partir de agora asumirá Joako Ezpeleta, en substitución de Carlos Domínguez ‘Piti’ (fundador do evento e director desde a súa orixe), e o primeiro obxectivo nesta nova etapa será facer un “estudo en profundidade” sobre a “viabilidade” da edición de 2019.

Así o trasladou O Marisquiño a través dun comunicado remitido aos medios, no que confirma que ‘Piti’ centrarase nas súas actividades no sector da moda, deixando o temón do festival a Ezpeleta, que traballou no equipo de organización do evento nos últimos anos. “Desta forma, non se perderán os contactos e a valiosa experiencia que se foi construíndo nos últimos anos”, reza o comunicado.

O primeiro obxectivo da nova dirección será avaliar a continuidade do festival e a viabilidade da edición deste 2019. “As perdas económicas que xa viñan rexistrando e as dificultades engadidas polo accidente ocorrido na última edición, fan que nas próximas semanas haxa que avaliar se o festival pode celebrarse en 2019”, apuntou a organización.

A ese respecto, os novos responsables solicitarán a todas as institucións que apoiaron ao festival nestes anos, así como a aquelas que queiran incorporarse ao evento, “a maior implicación posible” para manter en Vigo un festival que “veu xerando máis de 16 millóns de euros ao comercio e á hostalaría da comarca”.

“Hai que lembrar que O Marisquiño conseguiu traer a Vigo a celebración de tres Copas Mundiais (Skate, Dirt Jump e Basket 3×3) e que a edición de 2019 é especialmente importante xa que teñen prevista a súa participación no evento deportistas que buscan a súa clasificación para as probas olímpicas de Tokyo 2020. Sería unha pena que Vigo e Galicia perdan a oportunidade de albergar estas importantes competicións”, concluíu a dirección do festival.

ÚLTIMAS

Caballero agradece o apoio da cidade tras 18 anos como alcalde: “Vigo pasou de ser gris a estar chea de actividade”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cumpriu '' este martes 18 anos como rexedor,...

Veciños de Nigrán denuncian a caída de muros de contención de vivendas pola obra dunha nave de Porto do Molle

Veciños da localidade pontevedresa de Nigrán denunciaron a caída de muros de contención das...

UVigo e Subdelegación do Goberno achegan material contra a violencia de xénero

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra e a Universidade de Vigo puxeron a disposición...

O Pleno aproba o PXOM co único voto favorable do PSOE: “Enterramos a especulación e á oposición”

O Pleno da Corporación municipal de Vigo aprobou este luns definitivamente o novo Plan Xeral de...