InicioEconomíaTraballadores manteñen bloqueado o acceso a Vulcano para pedir que se solucione...

Traballadores manteñen bloqueado o acceso a Vulcano para pedir que se solucione o seu futuro

Denuncian que a súa situación é de gran precariedade e piden poder cobrar xa os seus salarios. Nunha xuntanza mantida hoxe polos traballadores denuncian que non teñen axuda da Xunta. VIDEO NO INTERIOR.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vulcano mantense apostado no acceso ao estaleiro vigués como medida de presión ata que se concrete unha reunión co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, ou ata que a Xunta force unha reunión urxente de Pymar, co fin de desbloquear os avais necesarios para terminar o barco de Transmediterránea, cuxa nova data de entrega é o próximo 29 de marzo.

Así o trasladou o presidente do comité, Nicolás Sangabriel, en declaracións a Europa Press, e recordou que, unha vez que o propietario do ferri (o Banco Santander) comprometeu os anticipos para pagar as nóminas e as débedas con provedores, “todo depende de que Xunta –Xes Galicia e Igape– e Pymar dean luz verde aos avais” para eses anticipos.

O representante do persoal sinalou que, mentres non haxa esa “reunión urxente” de Pymar, a dirección da empresa queda “expulsada” de Vulcano, e recordou que non se pode esperar” porque “o tempo é moi xusto” se se quere cumprir co novo prazo de entrega. Nestes momentos, recordou, Vulcano debe catro pagas aos traballadores, que serán cinco a finais de xaneiro, e a situación é de gran “precariedade”.

O persoal celebrou a media mañá unha asemblea ás portas do estaleiro, na que constataron que “segue sen haber noticias” desde a Xunta e, aínda que se fala de que podería haber unha reunión o luns”, manteranse bloqueando o acceso a Vulcano ata que se confirmen as novidades.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...