InicioSucesosDetida unha moza por "insultar, cuspir e agredir" a un policía que...

Detida unha moza por “insultar, cuspir e agredir” a un policía que tentaba mediar nunha pelexa entre catro mulleres

A Policía Local de Vigo detivo a unha moza por agresión aos axentes que interviñeron nunha pelexa de madrugada na que estaba inmersa xunto a outras tres mulleres.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo a unha moza por agresión aos axentes que interviñeron nunha pelexa de madrugada na que estaba inmersa xunto a outras tres mulleres.

A detida, que pasou a noite no calabozo da central da Policía Local, responde as siglas R.A.C., e é unha muller de 24 anos de idade, nacida en Zamora e domiciliada en Vigo.

Os feitos ocorreron sobre as 06,40 horas da mañá do pasado domingo en pleno centro de Vigo, na rúa Pontevedra.

Unha patrulla que se atopaba realizando un control de vehículos nesta rúa foi advertida por un cidadán de que fronte ladiscoteca Atlanta estaba a producirse unha pelexa entre unhas mozas.

Os axentes desprazáronse a este punto e atopáronse con catro mulleres pelexándose no chan, polo que trataron de separalas, momento no que unha delas comezou a cuspirlles á vez que os insultaba, segundo o relato policial.

Segundo o relato policial, “cando un dos policías achegouse para intentar tranquilizala, esta tratou de agredilo, lanzando patadas e puñadas, impactando finalmente un golpe no axente, polo que ambos se viron obrigados a reducila para evitar que continuase agredindo”.

Trala detención de R.A.C., esta continuaba coa súa actitude agresiva, segundo o relato policial, polo que foi trasladada a uncentro médico debido ao seu estado e posteriormente conducida ao calabozo.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...