InicioEconomíaO PP de Vigo acusa a Caballero de perder o Campus FP...

O PP de Vigo acusa a Caballero de perder o Campus FP tras levalo Baltar a Ourense

Critica a David Regades por deixar marchar este proxecto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu este venres ao alcalde, Abel Caballero, ao que considera responsable en último termo das decisións de Zona Franca e da Deputación de Pontevedra, “que rectifique” ante a “dramática” perda do proxecto do Campus FP.

Así o manifestou en rolda de prensa a portavoz do grupo, Elena Muñoz, tras anunciarse nas últimas horas a instalación dese campus en Ourense, con apoio da Deputación que preside José Manuel Baltar.

Muñoz lamentou que a cidade de Vigo, a “cidade empresarial por excelencia” de Galicia, perda a oportunidade de contar cun campus pioneiro, “fundamental” para o desenvolvemento empresarial e a formación dos mozos, por unha “decisión política” adoptada “no despacho da alcaldía” olívica.

Segundo denunciou, a Zona Franca “desmarcouse” do Campus FP, no que prevía investir algo máis de 5 millóns de euros, no momento en que David Regades pasou a ser delegado do organismo, nunha manobra da que responsabilizou directamente ao alcalde, Abel Caballero. “Agora vaise a facer en Ourense, esta é a consecuencia da obsesión do alcalde por confrontar coa Xunta desde calquera das institucións que el controla”, denunciou.

A portavoz municipal do PP tamén reprochou a Abel Caballero as súas críticas pola instalación do Campus FP en Ourense. “Agora di que se fai dano ao sector industrial de Vigo. Pois claro, o dano cáusallo o propio alcalde, cando impide a Zona Franca seguir apostando por este proxecto crave”, sentenciou.

Elena Muñoz esixiu a Zona Franca que dea marcha atrás e retome a súa participación no proxecto ou, na súa falta, que o faga a Deputación de Pontevedra. En calquera caso, matizou, pide que se dea un paso desde a alcaldía de Vigo porque, sostivo, é desde o despacho de Abel Caballero desde onde se toman as decisións destas dúas institucións.

ÚLTIMAS

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...

Vigo convértese en epicentro da oncoloxía de precisión con máis de 40 expertos de toda España

A cidade de Vigo acollerá este mes o VIII Simposio Nacional de Oncoloxía de...

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...