InicioPolíticaO PSOE acusa á Xunta de utilizar recursos públicos para a campaña...

O PSOE acusa á Xunta de utilizar recursos públicos para a campaña electoral de Elena Muñoz

O PSOE de Vigo denunciou este xoves que a Xunta de Galicia "utiliza recursos públicos" para "facerlle a campaña electoral á candidata do PP de Vigo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSOE de Vigo denunciou este xoves que a Xunta de Galicia “utiliza recursos públicos” para “facerlle a campaña electoral á candidata do PP de Vigo”.

Nun comunicado, o secretario xeral do PSDEG-PSOE en Vigo e deputado autonómico, Abel Losada, sostivo que “onte mesmo” –en referencia ao pasado mércores– “a Xunta realizou dous actos en Vigo nos que fixo partícipe á candidata do PP ás eleccións municipais”.

Losada aseverou que a presenza de Elena Muñoz nestes actos obedece a unha “confusión constante e interesada” entre partido e institución. “Unha mestura á que o Partido Popular tennos tristemente habituados”, apuntou.

“Quen vai pagar o custo das viaxes a Vigo dos conselleiros para facerlle a campaña ao PP? Cal é o custo destas viaxes?”, preguntouse Losada, quen cualificou de “inaceptable” o uso de recursos públicos na campaña electoral dun partido.

Deste xeito, Losada criticou que “esta realidade demostra a ínfima calidade democrática da Xunta e do PP, mesturando conceptos que deberían estar completamente separados, como son a institución e o partido”. “Pero para eles vale todo”, apuntou.

ÚLTIMAS

Vigo e as pensións

POR ÓSCAR LOMBA, activista social e integrante de Podemos Defender as pensións públicas é defender...

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...