InicioPolíticaO Fondo de Cooperación Local da Xunta aumenta nun 2,5% o investimento...

O Fondo de Cooperación Local da Xunta aumenta nun 2,5% o investimento nos concellos da área de Vigo

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, destacou este xoves que o Goberno galego aumentará este ano, a través do Fondo de Cooperación Local, o seu investimento nos concellos da área de Vigo nun 2,5 por cento. é dicir, que a súa achega chegará ata os 128,7 millóns de euros.

PUBLICADO O

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, destacou este xoves que o Goberno galego aumentará este ano, a través do Fondo de Cooperación Local, o seu investimento nos concellos da área de Vigo nun 2,5 por cento. É dicir, que a súa achega chegará ata os 11,3 millóns de euros.

Este incremento suporá preto de 283.000 euros máis para repartir entre os concellos da demarcación territorial viguesa neste ano 2019.

Segundo comentou López-Chaves, a Xunta repartiu no ano 2018 entre os 14 municipios que integran a área viguesa máis de 12,6 millóns de euros do Fondo de Cooperación Local para obras e servizos da súa competencia.

Unha cantidade á que hai que sumar, como indicou o delegado da Xunta, outras liñas de axuda e subvencións das distintas consellerías, así como a dotación correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental.

Respecto da fórmula de distribución, López-Chaves indicou que a repartición se fai en base a criterios obxectivos pactados previamente coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), cun peso específico do número de poboación e, especialmente, do número de persoas maiores de 65 anos de idade; así como da superficie do concello e a cantidade de núcleos de poboación.

Deste xeito, entre os 14 concellos de área reciben 11,3 millóns de euros correspondentes ao fondo base. Vigo, no grupo de cidades de máis de 50.000 habitantes, percibe a maior contía con preto de 6,2 millóns de euros por exercicio.

No Morrazo, Cangas e Moaña reciben 745.483,78 euros e 544.163,40 respectivamente; e no Val Miñor corresponden 446.120,71 a Gondomar, 568.456,94 a Nigrán e 419.913,91 euros a Baiona.

Nos concellos da Louriña, Mos e O Porriño perciben 452.072,43 e 516.667,58 euros; mentres que Redondela recibe 811.982,75 euros; Pazos de Borbén 160.529,05; Salceda de Caselas 316.982,67; Soutomaior 241.119,23 euros e Salvaterra do Miño 409.482,46.

ÚLTIMAS

Multa de 98.500 euros á Comunidade de Montes de Cabral por danos no hábitat

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural multou con 98.500 euros á Comunidade de Montes...

Acepta tres anos de cárcere por violar a unha coñecida tras atoparse nunha discoteca de Vigo

Un home acusado de violar a unha coñecida tras atoparse nunha discoteca de Vigo...

As Anpas de Vigo piden máis limpeza en colexios e o Concello acusa ao BNG de estar detrás das protestas

A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de centros escolares de Vigo...

Encontrado o dedo un home nun local de Redondela que o perdera nun accidente

Empregados dun local de hostalaría do municipio pontevedrés de Redondela acharon a semana pasada...