InicioSociedadeElena Muñoz acusa a Caballero de "traizón a Vigo" pola baixa cuantía...

Elena Muñoz acusa a Caballero de “traizón a Vigo” pola baixa cuantía para a cidade nos Orzamentos do Estado

Abel Caballero insiste en que as contas reflicten os compromisos adquiridos coa cidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este mércores a suposta “traizón” do alcalde, Abel Caballero, á cidade, por “aplaudir” uns Orzamentos Xerais do Estado (PGE) que “atrasan” o AVE directo a Madrid “a 2030, como mínimo”, e que ignoran proxectos como a Biblioteca do Estado, a nova autovía Vigo-O Porriño, ou a Central de Transportes.

Nunha rolda de prensa, a portavoz popular, Elena Muñoz, recordou que o rexedor convocou “desde a indignación” un concerto reivindicativo en pleno centro da cidade para esixir ao Goberno (entón presidido por Mariano Rajoy) axilidade nos prazos e investimentos para a conexión ferroviaria coa meseta, e agora que as partidas se reducen e se atrasa o proxecto, “encima se felicita”.

Muñoz criticou tamén a ausencia de partidas para a Biblioteca do Estado, para converter en vía urbana a entrada da AP-9 desde Teis ao centro de Vigo, ou para a nova autovía Vigo-O Porriño.

Segundo interpretou a portavoz do PP, Abel Caballero pagou o prezo de que os investimentos se vaian a outros territorios (a Cataluña e ás rexións gobernadas polo PSOE, segundo sinalou) con tal de manterse como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Ante as críticas do PP (e de Marea de Vigo, que este martes tachou de “ridículas” os investimentos previstos na cidade), o alcalde olívico insistiu en que as contas do Executivo “contemplan todos os compromisos que o Goberno de España asumiu co alcalde”.

Abel Caballero recordou que, para acometer os proxectos, “se teñen que empezar”, e o Executivo anterior, do PP, “insultou” á cidade atrasando actuacións como os estudos hidrogeológicos da AVE (que se licitarán nuns días) ou a estación de Thom Mayne, ou “quitando dos orzamentos” a Biblioteca do Estado.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...