InicioEconomíaO brexit duro traerá unha "situación complicada" para a pesca galega

O brexit duro traerá unha “situación complicada” para a pesca galega

Os armadores de Vigo piden "tranquilidade" porque a pesca "segue sendo prioridade na negociación".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia confía en que o estudo encargado ao catedrático José Manuel Sobrino arroxe “luz” sobre o complicado escenario aberto, especificamente para o sector pesqueiro, despois de que o parlamento británico votase abrumadoramente en contra do acordo alcanzado entre o goberno de May e a UE para un ‘brexit’ ordenado.

Así o trasladou, en declaracións aos medios durante un acto en Vigo, a conselleira do Mar, Rosa Quintana. Segundo apuntou, a votación das últimas horas na cámara británica “é unha noticia malísima”.

Quintana, quen se declarou “profundamente europeista”, sinalou que “é triste” que un país “vaia ao contraxeito” e abandone a UE pero, unha vez que se elixiu “divorcio”, “o lóxico era apostar por un divorcio ordenado, que só cabía no marco do acordo entre Theresa May e o comisionado Barnier”.

Tras constatarse a imposibilidade desa vía, a conselleira do Mar explicou que, nesta “situación complicada”, a Xunta confiará de novo na opinión dun experto como o profesor Sobrino, ao que lle encargaron un estudo sobre as “consecuencias” do rexeitamento británico ao acordo.

Non me atrevo a facer unha valoración, mentres non teñamos esa análise. O profesor Sobrino é profundamente coñecedor da situación xurídica, xa en 2016 fixo un estudo e explicou perfectamente a ruta que ía levar o proceso. Confío en que nos dea luz”, afirmou.

ARMADORES DE VIGO

Pola súa banda, o presidente da Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo (ARVI), Javier Touza, lanzou unha mensaxe de “tranquilidade”, aínda que admitiu que “a votación de onte é moi negativa” para o sector pesqueiro. “Deixa en situación de enorme debilidade ao goberno británico, e non sabemos como vai acabar isto”, apuntou.

No entanto, apostou por seguir traballando para buscar unha “solución de equilibrio”, e puxo en valor que o sector pesqueiro galego está a actuar como “banderín de enganche” na análise da situación.

“A pesca segue sendo unha enorme prioridade na negociación”, constatou, e recordou que “están sobre a mesa os plans de continxencias”, que o goberno “considera a agricultura e a pesca especialmente sensibles ante o ‘brexit'”, e estanse articulando medidas” a nivel aduaneiro, loxístico e incluso de posibles axudas para paliar as consecuencias negativas deste escenario.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...