InicioSociedadeDetido por violencia de xénero despois de que a suposta vítima fuxise

Detido por violencia de xénero despois de que a suposta vítima fuxise

A rapaza, embarazada de tres meses, relatou como se ían intensificando os episodios de malos tratos por parte da súa parella. Aproveitando que el se estaba duchando, escapou da casa onde supostamente a tiña retida e agochouse nun garaxe.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo a J.P.C., home de 20 anos de idade, nacido e domiciliado na cidade olívica, por un suposto delito de violencia de xénero contra a súa parella, quen declarou que a retiña en casa.

Unha muller que ía sacar o seu coche dun garaxe na rúa Caracas deu aviso o pasado luns, ás 20,50 horas, de que se atopou a unha moza que fuxía da súa parella tras unha agresión. Segundo o relato policial, a presunta vítima choraba de forma desconsolada e contoulles aos axentes que vivía en Madrid coa súa nai e que levaba seis meses en Vigo residindo co agora detido.

A moza explicou que J.P.C. se volvera un controlador e que lle impedía saír á rúa para que non se relacionase. Así mesmo, díxolles aos axentes que comezaran os malos tratos e que cada vez era máis violento.

Os policías comprobaron que a presunta vítima tiña varios hematomas en diferentes partes do corpo, debido a unha agresión que definiu como unha das máis fortes, ocorrida o pasado domingo. Foi entón cando a moza, que ademais estaba embarazada de tres meses, decidiu escapar. Fíxoo mentres a súa parella se duchaba, segundo contou á Policía Local.

Cando se atopaba fóra da vivenda, pero aínda dentro do edificio, foi alcanzada por J.P.C. -que estaba totalmente espido, porque se deu conta do intento de fuxida dela- e recibiu varios golpes, entre eles unha puñada no rostro que confirmaron os policías.

Finalmente a moza logrou zafarse do presunto agresor e saíu á rúa. Agochouse nun garaxe e alí foi onde a atopou a muller que avisou á Policía Local. A moza foi trasladada a un centro hospitalario e os policías detiveron o home no seu domicilio.

ÚLTIMAS

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Condenado un avó a 5 anos por abusar sexualmente da súa neta menor de idade en Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou os recursos de apelación de...

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...