InicioPolíticaElena Muñoz asegura que os Orzamentos Xerais do Estado son "un timo"...

Elena Muñoz asegura que os Orzamentos Xerais do Estado son “un timo” e “unha vergoña e humillación” para Vigo

O PP afea a Abel Caballero que "só se ponge fanfurriñeiro" con gobernos 'populares' e Marea de Vigo lamenta que cidade queda "relegada".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os grupos da oposición no Concello de Vigo criticaron este luns os Orzamentos Xerais do Estado con respecto aos investimentos previstos na cidade olívica, que tacharon de “ridículos”.

A presidenta do PP e portavoz do grupo ‘popular’, Elena Muñoz, sinalou que as contas son “un timo” para Vigo, “unha vergoña e humillación para a cidade máis grande de Galicia”, e apuntou a que “deixan en evidencia” ao alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, porque “o seu peso político só lle dá para conseguir unha foto e facerse autobombo”.

Segundo criticou, o Estado “reduce á metade” a partida para a AVE directo a Madrid, a pesar de que o PSOE, estando na oposición, pediu ao Goberno que multiplicase ese investimento por 10; tamén, incidiu, “desaparece a Biblioteca do Estado”; a partida para a reforma da Avenida de Madrid “diminúe un 45 por cento”; e non hai consignación orzamentaria para mellorar o abastecemento de auga, para a recuperación da fronte litoral, para a ‘cidade do transporte’, ou para a conversión en vía urbana da AP-9 desde Teis ao centro da cidade, entre outros proxectos.

“Desgraciadamente, o alcalde quedouse afónico porque sabe que se están rindo del. Todo é un conto; as súas reivindicacións cando gobernaba o PP eran puro teatro. Só se pon fanfurriñeiro cos gobernos do Partido Popular”, subliñou.

Pola súa banda, o grupo municipal Marea de Vigo constatou que, a pesar das “viaxes e recados” do alcalde, a cidade queda “de novo relegada nos Orzamentos Xerais do Estado”, e referiuse ás cantidades “ridículas” consignadas para actuacións como a AVE a Madrid, ou o novo centro de emprendemento e negocios de Zona Franca.

O portavoz de Marea, Rubén Pérez, tamén destacou a ausencia da Biblioteca do Estado ou da mellora do abastecemento nos Orzamentos Xerais do Estado, e lamentou tamén a falta de investimentos en políticas de vivenda, no Museo MARCO ou o atraso do investimento para reformar do CIS ‘Carmen Avendaño’, que se posterga” ata 2020.

Para este grupo municipal, “a tan cacareada nova situación coa chegada do Goberno socialista que tería que vivir Vigo, non só é inexistente senón que, decrece considerablemente no referente a investimentos e aos compromisos coa cidade”.

ÚLTIMAS

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...