InicioSociedadeA muller con tres fillos que vai ser desafiuzada en Vigo consegue...

A muller con tres fillos que vai ser desafiuzada en Vigo consegue o aval dun veciño para poder alugar outro piso

Aicha mostrouse confiada en que poderá asumir o importe do aluguer porque "agora" está a cobrar "650 euros" e está a buscar traballo "do que sexa": de "ama de casa" ou para "limpeza".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Aicha E.F., a muller vítima de violencia de xénero con tres fillos menores que vai ser desafiuzada da vivenda na que reside en Vigo o próximo día 17, informou este venres de que conseguiu un avalista para alugar outro piso na cidade.

Trátase dun veciño de Vigo que viu como a Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao (Favec) denunciaba o caso do desafiuzamento de Aicha E.F. nos medios de comunicación e se puxo en contacto con ela para ejecer como avalista para que esta muller puidese facer fronte a outro contrato de aluguer, segundo transmitiu ela mesma.

“Estamos contentos todos”, sinalou Aicha E.F. en relación tamén aos seus tres fillos, que se alegraron ao coñecer que no novo piso terán ascensor e que poderán seguir escolarizados no mesmo centro.

Pola súa banda, a presidenta da Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao (Favec) de Vigo, María Pérez, celebrou que esta familia se poida mudar, “porque o día 17 íanse a quedar na rúa”, grazas a que un veciño de Vigo chamou á entidade para “tratar de axudar”.

Aicha e a súa avogada na concentración contra o desafiuzamento de Aicha/ Miguel Núñez

“Pedimos que haxa un parque público de vivendas que sexan accesibles ás familias que non teñen un traballo para poder avalar os contratos de aluguer ou que o Concello se adhira ao plan de vivendas baleiras da Xunta”, sostivo María Pérez.

Respecto das axudas que recibe, Aicha E.F. explicou que o pasado mércores a traballadora social do Concello de Vigo manifestoulle que a ía a “apoiar en todo”.

“O Concello dérame dous meses de aluguer e eu gardeino, é co que paguei a entrada”, indicou no medio da mudanza. Con todo, a presidenta da Favec criticou que “apoiala sería porlle os medios para unha solución habitacional, o cal non están a facer”.

“Aínda non me chegou”, sostivo Aicha E.F. sobre o ‘bono alugueiro’ da Xunta, para aclarar: “En canto teña o contrato, me dixeron que me pagan a metade”.

Neste sentido, mostrouse confiada en que poderá asumir o importe restante do aluguer porque “agora” está a cobrar “650 euros” e está a buscar traballo “do que sexa”: de “ama de casa” ou para “limpeza”, segundo as súas palabras.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...