InicioSucesosDeteñen a un fillo do octoxenario atopado morto no barrio vigués de...

Deteñen a un fillo do octoxenario atopado morto no barrio vigués de Sárdoma

Era o fillo máis novo e vivía nunha casa pegada a do seu pai.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Vigo detivo ao máis novo dos fillos de Manuel A.R., de 81 anos de idade, cuxo cadáver foi achado a menos dun quilómetro da súa casa na parroquia viguesa de Sárdoma o pasado día 7 “con signos de violencia”, segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press.

O máis novo dos cinco fillos da vítima reside nunha vivenda independente, pero na mesma leira que o seu pai, e foi detido no marco da investigación este xoves, cando unha dotación policial volveu tomar mostras na propiedade do octoxenario.

A Policía Nacional de Vigo trasladou este venres que o xulgado decretou secreto de sumario nesta causa desde o pasado xoves.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...