InicioMovementos SociaisO persoal de limpeza de colexios de Vigo concéntrase na sede da...

O persoal de limpeza de colexios de Vigo concéntrase na sede da empresa concesionaria pola readmisión dun despedido

Persoal de limpeza dos colexios públicos e escolas infantís de Concello de Vigo concentrouse este mércores ante a sede da empresa concesionaria do servizo, Mantelnor, como rexeitamento ao despedimento dun traballador e para reclamar a súa readmisión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Persoal de limpeza dos colexios públicos e escolas infantís de Concello de Vigo concentrouse este mércores ante a sede da empresa concesionaria do servizo, Mantelnor, como rexeitamento ao despedimento dun traballador e para reclamar a súa readmisión.

Os traballadores dos servizos de limpeza destes centros escolares xa avanzaron que volverán concentrarse na sede da empresa concesionaria o vindeiro mércores día 16 e que os días 23 e 30 deste mes farano no propio Concello para “demandar a implicación” do goberno local.

Por parte do comité de empresa de Mantelnor, presidido pola CIG, consideran que se trata dun despedimento “totalmente inxusto” xa que se tratou dunha “medida drástica” ao non existir advertencia previa ao afectado “mediante sanción ou amoestación por escrito”.

O comité reclamou á empresa a “inmediata readmisión” do despedido e instouna a aplicar outra medida “menos drástica” no caso de que o considere oportuno.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...