InicioCulturaFalece en Vigo o pintor ourensán Antón Puído aos 81 anos de...

Falece en Vigo o pintor ourensán Antón Puído aos 81 anos de idade

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pintor, gravador e xestor cultural Antón Pulido faleceu nas últimas horas nun hospital de Vigo, cidade na que estaba asentado, aos 81 anos. Pulido, nado en Bóveda de Amoeiro en 1944, trasladouse na súa xuventude a Barcelona para estudar Belas Artes, nas especialidades de pintura e gravado, e ao longo da súa traxectoria desempeñou tarefas docentes e de xestión cultural, ademais de destacar como pintor e como ilustrador editorial en Ir Indo.

Na década dos 80 instalouse na cidade olívica e impartiu docencia no ensino secundario. Foi director xeral de Cultura da Xunta e en 1993 converteuse no primeiro director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Entre os recoñecementos que recibiu ao longo da súa vida está o nomeamento como Vigués Distinguido en 2006, o Premio da Crítica de Galicia nas artes plásticas e visuais (2014) e o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo en 2015. Ademais, en 2008 foi nomeado Fillo Predilecto de Amoeiro.

CABALLERO DESTACA O LEGADO DE PULIDO

O alcalde da cidade Olívica, Abel Caballero, trasladou o seu pésame polo falecemento do pintor, ao quedefiniu como “grande artista”, “grande amigo persoal” e “persoa excepcional”.

O rexedor destacou tamén a súa faceta como mestre de pintura e gravado e a súa actividade docente na cidade. “Déixanos tristura e un grande legado”, afirmou.

Caballero expresou ademais o apoio á familia de Pulido e asegurou que o artista seguirá presente na memoria viguesa. “Esta cidade quérete e recórdache”, concluíu.

ÚLTIMAS

Atopan nas proximidades da ponte de Rande o corpo do home desaparecido en Redondela (Pontevedra)

Un equipo do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil e un...

Vigo demolerá o antigo restaurante Di San Remo de Samil antes do próximo verán

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobará este venres a demolición do antigo...

Conxemar expulsa a unha empresa italiana por usar a imaxe de mulleres espidas para promocionar ameixas

A organización considera a promoción da compañía italiana de ameixas do adriatico incompatible cos...

Vigo aposta por voos directos a Londres, París, Sevilla e Alicante para atraer máis turismo

O Concello de Vigo iniciou o contrato de promoción turística da cidade a través...