InicioSociedadeO Concello de Vigo insiste en pechar as pasarelas sobre a AP-9...

O Concello de Vigo insiste en pechar as pasarelas sobre a AP-9 por “seguridade”

Di que trasladou o problema ao Ministerio de Fomento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo insistiu este martes en que acatará a “legalidade” e impedirá o paso de vehículos polas pasarelas que hai sobre a AP-9 no barrio de Teis (Camiño Xorxa e Trapa) por motivos de “seguridade”, a pesar das protestas dos veciños da zona, que a pasada semana volveron protestar por esta medida.

Segundo explicou en rolda de prensa o concelleiro de Tráfico e Seguridade, Carlos López Font, o goberno local vai antepor a seguridade” por encima doutras consideracións, e preguntou a quen cuestionan esta medida “quen asume os riscos” de permitir o tráfico por eses pasos.

O edil socialista recoñeceu que, ata agora, os vehículos circularon por eses dous pasos elevados, pero matizou que o Concello detectou a “deterioración” dos mesmos e, por iso, dirixiuse a Fomento para consultar sobre o seu mantemento. Como recordou, o ministerio de Fomento dirixiuse á administración local para sinalar que esas dúas pasarelas son “exclusivamente peonís”, e que debía ser o Concello o que garantise que se pechan á circulación de vehículos.

NOVAS PROTESTAS

Por outra banda, este martes, os veciños de Teis volveron a concentrarse no Camiño Xorxa para protestar por ese peche. Acompañados por responsables locais do BNG, insistiron en reclamar “alternativas” para a comunicación e mobilidade nesa zona.

O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, expresou o seu apoio aos veciños, que quedarían “incomunicados”, e recordou que esas pasarelas levan en servizo “máis de 3 décadas”.

Así mesmo, criticou a falta de disposición ao diálogo do goberno local e a procura de alternativas, e preguntoulle que fará para impedir os prexuízos aos veciños. “Seica está a afirmar que nestes anos anteriores o Concello de Vigo non estaba a garantir a seguridade?”, cuestionou.

ÚLTIMAS

O tráfico de mercadorías do Porto de Vigo rexistra nova marca histórica

O Porto de Vigo pechou o primeiro semestre deste ano con novas "marcas históricas",...

Caballero esixe á Xunta que remate co maltrato á educación viguesa

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve "intolerable" que a Xunta "maltrate a educación...

O PP de Vigo lamenta a “falta de alternativas” do Concello tras non autorizar atraccións nas festas Bouzas

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou a "falta de alternativas" do Concello...

Detido en Vigo por transportar máis de 100 pastillas de anabolizantes e viagra no seu coche

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a un home, I.E.R.Q. de...