InicioSucesosDetidos en Vigo tras extorsionar a un home que accedera a unha...

Detidos en Vigo tras extorsionar a un home que accedera a unha web de contido sexual

Ademais, polos mesmos feitos, investígase a outra muller mentres que se ditou orde de detención a outro home.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a unha muller e un home como presuntos autores dun delito de pertenza a grupo criminal e de extorsión a un veciño de Valladolid, a quen esixiron diñeiro tras acceder a páxinas web de contactos e anuncios de natureza sexual.

Segundo informa o corpo policial a través dun comunicado, os feitos foron denunciados por un home residente nesta localidade o ano pasado a finais de novembro. A vítima relatou como despois de acceder a diferentes webs de contactos e anuncios de natureza sexual, comezou a recibir no seu teléfono móbil mensaxes e chamadas de varios números que non tiña na súa axenda. Nestas comunicacións, concreta, persoas descoñecidas advertíanlle que despois de facer uso das webs de contactos, ocasionara molestias ás ‘escorts’ dos anuncios e tiña que pagar unha multa en concepto de uso das páxinas de 2.500 euros.

A través de WhatsApp, chegaron a mandarlle á vítima fotos de homes armados embozados e imaxes de agresións a outras persoas, con frases tales como “en caso de non pagar, a nosa organización vai ir a por vostede, a súa familia e vanlles a facer dano”. O home, “presa dun gran temor”, segundo especifica, realizou ata dous pagos a través da plataforma de pago bizum aos delincuentes por un importe total de 500 euros. Posteriormente, ao ser plenamente consciente de que estaba a ser extorsionado, decidiuse a presentar a correspondente denuncia en dependencias policiais.

DOUS HOMES E DÚAS MULLERES

Os investigadores da Policía Nacional, tras diferentes pescudas e xestións, puideron determinar a identidade de dous homes e dúas mulleres que participaran nos feitos, veciños da cidade de Vigo. Así, solicitouse a colaboración dos axentes da Comisaría Local de Policía Nacional de Vigo-Redondela e os seus axentes da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) ampliaron as dilixencias practicadas, e finalmente procederon á detención de dúas dos investigados, un home e unha muller, como presuntos autores dun delito de pertenza a grupo criminal e outro de extorsións, póndoos a disposición da autoridade xudicial competente.

Sobre o outro home cursouse unha orde de detención policial ao non ser localizado, mentres que no atestado instruído, o papel da outra muller partícipe dos feitos quedou como investigada, e a actuación policial deuse por concluída. Ante este tipo de situacións, a Policía recomenda non facilitar ningún dato persoal nin bancarios e evitar o pánico. “Hai que denuncialo inmediatamente en dependencias da Policía Nacional ou solicitando axuda na Liña de Axuda en Ciberseguridade a través do teléfono 017”, detalla.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...