InicioSociedadeO pleno insta á Xunta a iniciar a tramitación dun novo encoro...

O pleno insta á Xunta a iniciar a tramitación dun novo encoro no río Oitavén

O obxectivo é garantir o abastecemento de auga ao sur da provincia de Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno de Vigo deu luz verde este luns a unha moción socialista para que a Xunta de Galicia inicie os trámites para executar un novo encoro no río Oitavén, co obxectivo de garantir o abastecemento de auga ao sur da provincia de Pontevedra. A iniciativa, que contou cos votos en contra de PP e BNG, foi defendida polo concelleiro responsable de Fomento, Javier Pardo, quen indicou que a situación de prealerta deste mes de xullo “non é nova”, citando un estudo para a garantía de abastecemento que recolle a necesidade de mellorar as infraestruturas hidráulicas. Mesmo, segundo subliñou, fala da creación dunha nova presa no curso do Oitavén, antes de Eiras. Por iso, os socialistas con esta iniciativa buscan que o Goberno galego “asuma as súas obrigacións” e inicie os trámites oportunos “con condición de urxencia”.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...