InicioSociedadeCondenado a tres anos de prisión un home por tráfico de drogas

Condenado a tres anos de prisión un home por tráfico de drogas

O home, segundo os feitos probados, portaba as sustancias para vendelas e tratou de ocultar o envoltorio que contiña a cocaína.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de tres anos de prisión imposta pola Audiencia Provincial de Pontevedra a un home en Vigo por tráfico de drogas. A resolución desestima o recurso de apelación presentado polo condenado e confirma integramente a sentenza ditada o 29 de xaneiro de 2026 por Audiencia Provincial. Os feitos sucederon o 16 de setembro de 2024, cando o acusado foi localizado nun bar de Vigo con 10,076 gramos de cocaína, cunha pureza do 80,34%, e 2,039 gramos de resina de cannabis.

O home, segundo os feitos probados, portaba as sustancias para vendelas e tratou de ocultar o envoltorio que contiña a cocaína cando entraron no establecemento axentes que realizaban un control de prevención do consumo e menudeo de drogas en locais de lecer. No recurso, a defensa sostivo que a droga estaba destinada a un consumo compartido e alegou un erro na valoración da proba. Con todo, o alto tribunal galego considera que se realizou unha valoración racional da proba practicada e conclúe que a versión exculpatoria carece de credibilidade.

A Sala tamén rexeita que o caso poida encadrarse na doutrina do consumo compartido. Así, entende que a situación descrita non respondía os requisitos esixidos pola xurisprudencia para apreciar esa figura. A Sala destaca que a cantidade de cocaína intervida excedía os límites que a xurisprudencia considera compatibles cunha posesión destinada ao consumo propio, polo que avala a conclusión da Audiencia Provincial de que a sustancia estaba destinada, polo menos en parte, á súa distribución a terceiras persoas.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...