InicioDeportesRueda e Calvo reciben ao Celta en Santiago de Compostela

Rueda e Calvo reciben ao Celta en Santiago de Compostela

Alfonso Rueda referiuse tamén ao "gran momento" que vive o fútbol galego e o deporte en xeral na Comunidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiron este luns ao Real Club Celta de Vigo Fortuna tras conseguir o seu ascenso a Segunda División. Nun comunicado, o Goberno galego indicou que a recepción tivo lugar no Pazo de Raxoi, en Santiago, pondo en valor o presidente este espazo como “o máis solemne” co que conta a Xunta, reservado “ás cousas ás que se lles quere dar máis relevancia”.

Rueda destacou que este ascenso foi froito do esforzo dos xogadores, do equipo técnico e da directiva durante toda a tempada, reivindicado a “aposta tan grande pola canteira”. Alfonso Rueda referiuse tamén ao “gran momento” que vive o fútbol galego e o deporte en xeral na Comunidade.

ÚLTIMAS

Vertidos de augas fecais obrigan a Baiona a pechar dúas praias mentres seguen ondeando as súas bandeiras azuis

O Concello de Baiona anunciou hoxe a prohibición temporal do baño nas praias de...

Un home e unha muller morren nun accidente de tráfico no Porriño

Unha muller de 68 anos e un home de 62 anos...

O primeiro vehículo orbital español sairá de Nigrán: UARX Space lanza este outono Ossie rumbo ao espazo

A compañía UARX Space lanzará este outono Ossie, o primeiro vehículo de transferencia orbital...

O festivo da Reconquista pasará ao luns 29 de marzo por caer en domingo en 2027

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este mes o goberno local aprobará...