InicioSociedadeUn ano de prisión para un galerista vigués que se apropiou de...

Un ano de prisión para un galerista vigués que se apropiou de varias obras do pintor Rafael Alonso

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un veterano galerista e marchante de arte de Vigo, Faustino F.V., aceptou este martes a pena dun ano de prisión como autor dun delito de apropiación indebida con abuso das relacións persoais, nunha vista de conformidade celebrada na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

Os feitos, recoñecidos polo procesado, ocorreron desde 2019, cando a viúva do pintor Rafael Alonso entregoulle cinco acuarelas do artista para que procedese á súa venda por 17.500 euros. A muller entregoulle os cadros coa confianza de que era un profesional ao que coñecía, e con quen xa colaborara. Transcorrido un tempo sen que o acusado informase sobre a venda das obras, a muller requiriulle para que llas devolvese, aínda que acabaron acordando, nunha reunión en setembro de 2022, reducir o prezo inicial e dar un novo prazo de seis meses para a súa venda.

Finalizado ese prazo, a viúva volveu reclamar ao acusado que, ou ben lle devolvese os cadros ou, no seu caso, o importe obtido pola venda, pero nin recuperou as obras do seu marido nin o diñeiro, “a pesar dos reiterados requerimentos”, expón a Fiscalía. Este martes as partes alcanzaron un acordo, mediante o que Faustino F.V. aceptou a pena dun ano de prisión e o pago dunha multa de 900 euros. Ademais, deberá devolver á prexudicada o cadro que aínda conserva (‘Ponte entre árbores’) e pagarlle 15.435 euros do valor das outras obras.

O tribunal acordou a suspensión da execución da pena de cárcere durante un prazo de 3 anos, a condición de que o procesado non delinca nese tempo e que pague a responsabilidade civil. A sentenza foi declarada firme.

ÚLTIMAS

Vertidos de augas fecais obrigan a Baiona a pechar dúas praias mentres seguen ondeando as súas bandeiras azuis

O Concello de Baiona anunciou hoxe a prohibición temporal do baño nas praias de...

Un home e unha muller morren nun accidente de tráfico no Porriño

Unha muller de 68 anos e un home de 62 anos...

O primeiro vehículo orbital español sairá de Nigrán: UARX Space lanza este outono Ossie rumbo ao espazo

A compañía UARX Space lanzará este outono Ossie, o primeiro vehículo de transferencia orbital...

O festivo da Reconquista pasará ao luns 29 de marzo por caer en domingo en 2027

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este mes o goberno local aprobará...